Teatro familiar. Obra: “Quero ser maior!”

| Sábado 9 de xuño. 2018
| Ás 19:00 h.
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Quero ser maior!


Un espectáculo da compañía Axouxere Teatro, enmarcado no circuito da FEGATEA, Federación Galega de Teatro Afeccionado.

Unha comedia musical familiar.

“Quero ser maior” é unha reflexión sobre a perda de valores ao longo do crecemento e a maduración. De cómo non debemos esquecer ao/a neno/ a que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Toca  temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común. Todo aderezado có amor  da amizade limpa e sincera entre dous seres sinxelos e puros: Hédor e Gaia.

Con moito humor, guiños aos pais e nais e cancións en directo!.
Escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta.
Cancións orixinais compostas e interpretadas por Kike Vales.


Quero ser maior!

Teatro Amador


Cabecera-web-ecultura.png