Teatro infantil: “A historia dun ovo perdido”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Venres 18 de outubro, ás 17:30 h. 
| Sábado 19 de outubro, ás 18:00 h.

Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Teatro infantil: “A historia dun ovo perdido"

Un espectáculo da compañía Ocelot Teatro para o público infantil.

Ocelot Teatro é unha compañía fundada por José Amaya en 1980 no Salvador,
comezando así a xirar tanto por Latinoamericana coma por Europa, e traballando en diferentes proxectos onde os títeres mestúranse co compromiso ante a necesidade dun mundo máis sostible.
Ocelot ten esa esencia latina dos títeres de luva onde hai una sinxeleza e unha maxia cativadora.


Mamá galiña quere ter un fillo e choca un oviño, pero cando sae a buscar comida un ladrón róuballo. Mamá galiña desesperada, pide axuda e nese instante aparece Don Choco, un axente súper secreto que se fai cargo do caso. Este gracioso personaxe crese moi eficaz aínda que a súa vista non lle axuda moito, pois tende a confundir unha cousa con outra.

Durante a procura do ladrón o público participa activamente para atrapalo. É así como os nenos van dando ideas a Don Choco de como capturar ao bandido. Cando o ladrón disponse a cometer o seu fechoría, Don Choco sae e atrapa ao bandido. Logo de recuperar o oviño, os nenos fan xustiza, pedindo un castigo para o ladrón.

A obra esperta sentimentos nobres no público a través da interacción, solidarizándose co bebe poliño por nacer e defendendo o dereito á vida.



Teatro infantil: “A historia dun ovo perdido"


Cabecera-web-ecultura.png