Teatro infantil: “Carapuchiña Vermella”

ACTUALIZACIÓN
| 16 de decembro. 2016

| Ás 18:00 h.
| Centro Cultural Municipal Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Teatro infantil: “Carapuchiña Vermella”

Un espectáculo da compañía Educa Teatro.

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Un día a súa nai encargoulle ir á casa da avoa para que lle levase unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

Máis info sobre a obra na páxina web de Educa Teatro » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png