Teatro infantil: Contos e lerias

| 26 de marzo. 2017
| Ás 18:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Contos e Lerias. Daboapipa

Un espectáculo da compañía Daboapipa.

Daboapipa narra unha recollida de historias que non nos deixan esquecer aos maiores, eses avós e avoas sempre presentes, coa palabra preparada para sair en calquera momento pola boca, con contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños. Unha proposta para nenos e nenas de 6 a 10 anos e as súas familias creada, composta, cantada e contada por Vero Rilo e Carlos Quintá. 45 minutos de contos cos que todos crecemos e aprendemos a pasar pola vida.

Daboapipa é unha compañía que, a pesar da súa recente creación (2013), é das máis activas nos escenario galegos: Vero Rilo e Carlos Quintá narran, cantan e musican relatos e contos. Vero Rilo conta con ampla formación e longa experiencia como educadora infantil en Galicia e Portugal, dentro da Rede de Escolas Galiña Azul, e de aí procede a súa profesión de contadora. Tras moitas horas de contadas, entretementos e historias para as “pequenas audiencias”, decide profesionalizarse e contar e cantar para o público creando Daboapipa. Á súa vez, Carlos Quintá é un dos acordeonistas diatónicos máis relevantes de Galicia. Membro fundador de Linho do Cuco, profesor de acordeón diatónico na ETRAD de Vigo, participa en numerosos proxectos musicais.

Máis info sobre Deboapipa na súa páxina de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png