Teatro infantil: “Crunch!”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ACTUALIZACIÓN: nova localización por previsión meteorolóxica adversa

Sábado 21 de setembro. 2019
| Ás 18:30 h.

Praza Arquitecto Antonio Palacios Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Teatro infantil: "Crunch!"

Un espectáculo da compañía Muu.

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, e coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas as persoas somos superheroes.

Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.


Teatro infantil: "Crunch!"


Cabecera-web-ecultura.png