Teatro infantil: “Elas pintan moito”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mercores 23 de outubro. 2019
| Ás 12:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 4-12 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
> Patrocina: Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero | Ler conta moito

Elas-pintan-moito

Sesión de contacontos a partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron a través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abordase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde os máis cotián ata a o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcebidas.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Patrocinio: Pacto de EstadoContra la Violencia de Género, Ler Conta Moito e Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png