Teatro infantil: Luppo

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 11 de febreiro. 2017
| Ás 18:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa

Cartel Luppo

Un espectáculo da compañía Baobab Teatro.

Luppo gañou o premio ao Mellor Espectáculo Infantil na XVIII Feira de Teatro de Castela e León 2015, para a que foi seleccionado de entre máis de mil propostas. Trátase dun conto marabilloso que fala de sentimentos e emocións, do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños, da importancia das historias que construímos… O protagonista é un home maior que vive só e todos os días ás 12 prende o seu gramófono para escoitar a mesma canción de ópera. Ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días a esa hora vai visitalo e levarlle pan, leite e o xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida e segredos que agocha no seu gramófono. Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está…

Máis info sobre a obra na páxina web de Baobab Teatro » ligazón externa

Luppo


Cabecera-web-ecultura.png