Teatro infantil. Os forzu2

| 27 de maio. 2016
| Ás 18:00 h.
ACTUALIZACIÓN: Debido á previsión de tempo inestable, este evento celebrarase no Centro Recreativo Cultural, entrada libre e gratuíta
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño » ver mapa

Os forzu2, un espectáculo moi forte! da compañía Circo Chosco

O humor e o absurdo son os fíos cos que se cose a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabras que poden aparecer en calquera momento. Aínda que lestes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Coa presenza constante da técnica en forma de portes, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, agachados baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes meigos ou de malabaristas matematicamente perfectos.

Con este novo espectáculo, Circo Chosco profunda na creatividade conxunta cun claro objectivo: facer reir ao público, sen esquecer a espectacularidade como ferramenta imprescindible.

Máis información sobre a compañía Circo Chosco na súa web » ligazón externa


Logos patrocinioCabecera-web-ecultura.png