Teatro infantil: “Os tres porquiños”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 28 de decembro. 2016
| Ás 18:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Un espectáculo da compañía Educa Teatro.

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Máis info sobre a obra na páxina web de Educa Teatro » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png