Teatro. Pan! Pan!

ACTUALIZACIÓN:
| 4 de xuño. 2016
| Ás 20:00 h.
Praza de San Sebastián » ver mapa

“Unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos.”

PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

A PANADARÍA son Areta, Noelia e Ailén.
Fundaron a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo PAN!PAN! que gañou o 1º Premio Xuventude Crea 2013, Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015. Con este primeiro espectáculo xa conseguiron premios e eloxios da crítica pero despois de estrear a súa nova obra, Panamericana, seguen sen ter decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta, nin homes. Aínda.

Amasan un teatro de creación propia e, por iso, chamanse A panadaría, porque o seu é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar. Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamnse A panadaría, para alimentar corpo e alma.

A avoa de Noelia, Lola, dixo de elas: “sodes unha pandilla esplendorosa”.

Info extraída da páxina web de A panadaría » ligazón externa
Máis info sobre A panadaría no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Ver: Festa de Exaltación do Pan do Porriño »


Cabecera-web-ecultura.png