Teatro para adultos: “O enredo”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 5 de outubro. 2019
| Ás 21:30 h.

Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Teatro para adultos: "O enredo"

Un espectáculo da compañía A Tequerreté para o público adulto, enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador, da FEGATEA, Federación Galega de Teatro Afeccionado.


Vincent, un corentón triunfador, e a súa muller, Anna, van ser pais por vez primeira. Para festexar o feliz acontecemento son convidados a cear na casa de Babou e Pierre, a súa irmá e cuñado. Tamén asistirá Claude, un amigo común da infancia. Mentres agardan a chegada da embarazada, Vincent, desvela cal é o nome elixido para o seu futuro fillo. O desafortunado da elección desencadea toda una restra de rifas, recriminacións e ataques mutuos que acaban por converter a cea nunha auténtica batalla campal. Todo baixo a indiscreta presenza de Marie, a veciña fisgona.


Teatro Amador 2019


Cabecera-web-ecultura.png