Teatro para adultos: “Un hotel de primeira sobre o río”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 12 de outubro. 2019
| Ás 20:00 h.

Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
Entrada libre e de balde ata completar aforo

Teatro para adultos: "Un hotel de primeira sobre o río"

Un espectáculo da compañía Escoitade para o público adulto, enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador, da FEGATEA, Federación Galega de Teatro Afeccionado.


Xohana Torres deixounos nesta obra un abano de perfiles que nos permite cualificar o texto tanto como unha comedia, unha farsa, unha traxicomedia ou unha traxedia; ou un todo ao mesmo tempo. A autora pretende afondar no espectador sentimentos ou vivencias posiblemente próximas a cada quen, segundo vai sucedendo no decorrer do relato.

O texto esta adaptado en “Catro Cadros” por Doro Piñeiro, para Teatro Escoitade. Nel son constantes as referencias as múltiples relacións persoais que nos atopamos acotío ao longo da vida, como tamén o son as luces e sombras que debuxa a condición humana e que en moitas ocasións, tal condición, remata por saírse do que se considera a estabilidade emocional da persoa, do individuo. Tal así e a defensa “do noso, dos nosos e do mais próximo”, a presión especulativa, a corrupción política, o desinterese social e a superstición que levamos no ADN, como xeito de saída a toda unha carencia cultural de sociedades xa caducas, e non tanto.

En definitiva Teatro Escoitade fai unha aposta nesta montaxe por un traballo dramático, exposto por cada actriz e por cada actor, que se aproxima aos retos que a autora nos deixou en cada acción, en cada escena e en cada cadro.

“Un hotel de primeira sobre o río” e un relato, e unha historia de amor a natureza, e unha loa a impotencia e, finalmente, e un xeito de vida con data de caducidade.



Teatro Amador 2019


Cabecera-web-ecultura.png