Teatro. Trogloditas

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 1 de xullo. 2016
| Ás 19:00 h. e ás 20:30 h.
Praza Arq. Antonio Palacios » ver mapa

foto01

Coñeceremos a través do humor e dos monicreques o modo de vida dos homes e mulleres das cavernas.

Dous  lanzadores de menhires, un levantador de pedras ou un faquir que atravesa o seu corpo cun tronco, farán a delicia do público asistente, divertindo a grandes e pequenos, mesturado coa intervención actoral dos tres personaxes condutores da representación.

A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón  converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego  tanto dentro como fora de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

TANXARINA TÍTERES ten presentado os seus traballos nos máis importantes Festivais de teatro de títeres: Segovia, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alicante, Sevilla… Moitas son as cidades visitadas polos seus  monecos que tamén  pasearon  por Portugal, Grecia, Austria, Bélgica, Francia, Italia, El Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia, Arxentina, Brasil, Guatemala, México…

Info extraída da páxina web de Tanxarina » ligazón externa
Máis info sobre Tanxarina no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png