Tecendo lazos. Obradoiros interxeracionais

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ENGADIDO Á PROGRAMACIÓN.

| 22/23/26/27 de decembro • De 16:00 a 19:00 h.
| 28 e 29 de decembro • De 16:00 a 18:00 h.

Centro Socio Comunitario do Porriño » ver mapa
| Requírese inscrición previa, no Centro Sociocomunitario do Porriño

Tecendo lazos

O programa “Tecendo lazos” ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizaxe e o intercambio recíproco de recursos, ideas e valores encamiñados a producir lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Promoverase nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais, a empatía e a tolerancia cara ao diferente.


OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA

Neste obradoiro os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de mesa tanto das épocas das xeracións de máis idade coma das xeracións máis xoves.

OBXECTIVOS XERAIS

Fomentar o traballo en equipo e a colaboración facendo unha posta en común da evolución dos xogos de mesa a través do tempo, profundizando nos mais utilizados en cada época, dende a época das xeracións máis maiores coma dos máis xóvenes.

OBXECTIVOS INDIVIDUAIS

Fomentar o traballo en equipo e a cooperación entre membros de distintas idades.
Elaborar unha recopilación a través do tempo dos xogos de mesa máis utilizados.


OBRADOIRO DE CREACION DE XOGUETES TRADICIONAIS

Neste obradoiro os participantes realizarán unha posta en común dos xogos máis utilizados na súa época, e construirán todos xuntos aqueles xoguetes e elementos máis utilizados tanto nos xogos tradicionais da súa zona.

OBXECTIVOS XERAIS

Fomentar o traballo en equipo e a colaboración recopilando toda aquela información sobre os xogos tradicionais e os seus elementos e xoguetes para confeccionar con posterioridade os elementos de xogo.

OBXECTIVOS INDIVIDUAIS

Fomentar o traballo en equipo e a cooperación entre membros de distintas idades.
Elaborar con distintos materiais, todos aqueles xoguetes e elementos cos que os alumnos recrearán o xogo tradicional.


Patrocinio Deputación de Pontevedra Cabecera-web-ecultura.png