V Montando Cristo Festival

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Sábado 22 de setembro. 2018
| A partir das 19:00 h.
Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo

Montando Cristo Festival

Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa QUINTA edición … Moita caña, moito ROCK, pero como sempre … EN DIRECTO!!

Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


AKILLES. V Montando Cristo Festival

AKILLESS

Desde Porriño os  Akilless demostrarannos que o ROCK non se perdeu coas xeracións dos 90 !! Son novos, fan rock e veñen a lume de biqueira!!


Mai´s on Fire. V Montando Cristo Festival

MAI´S ON FIRE

Mai’s on Fire!! Unha selección de  alumn@ s da Escola de Música e Danza  Maison, farannos ver que o futuro da música en directo en Porriño está a salvo!!


PÖLISONG. V Montando Cristo Festival

PÖLISONG

Pölisong nace no ano 2011 en Ferrol tras o encontro en locais de ensaio da cidade de catro apaixonados do rock and roll. Nun principio, versioneando aos clásicos do rock dos anos 70’s. Pero as ganas de dar forma a un repertorio propio fan que o grupo se centre na creación de novas cancións.

Influenciados por lendas como Led Zeppelin, AC/DC ou Bad Company, e outras bandas máis recentes como Hellacopters ou TheAnswer elaboran un amplo repertorio de cancións intensas e contundentes.

A banda está formada por Otto Mackinlay (voz e guitarra), Diego Díaz (guitarra), Juan Vázquez (baixo) e Alberto Regueiro (batería).

Durante 2014 viran presentando o seu primeiro EP gravado despois de 2 anos de rodaxe e composición. Strength and Soul pretende plasmar o seu son en concerto.

En 2015 ve a luz o seu primeiro longa duración, High, composto por 10 temas novos de estilo clásico.


Morgana vs Morgana. V Montando Cristo Festival

MORGANA VS. MORGANA

Morgana vs Morgana nace como formación en decembro de 1992. Comezan a súa andaina cun febril labor creativo que dá froito a un gran número de gravacións entre as que destacan ‘Coeur de Lle Fay’, ‘Preguntas’, ‘Luz Visión 3.57’ ou ‘ Hipnoterapia’.

É no ano 2006 onde presentarán ao público e a prensa o primeiro dos seus grandes discos ‘nébula’. Os medios especializados e o público valoran ‘nébula’ como un dos mellores discos nacionais de 2006 e recoñecen o esforzo do grupo por ser ademais un traballo autoeditado deixando un recado á industria discográfica por non apostar neste disco.

Lonxe de renderse pola ignorancia da industria continúan o seu crecemento como artistas con discos cheos de conceptos e unha base humanista que rodea todas as súas composicións.

Deste desenvolvemento persoal nace ‘Sol Invicto’ (2009), mesturado polo coñecido Jens Bögren (Paradise Lost, Opeth, Katatonia) un gran logro para unha banda que enarbora a bandeira da autogestión e o copyleft nos seus traballos.
En 2011 chegaría ‘III…Do inevitable’, primeira parte dun ambicioso proxecto que constará de tres ep`s que virarán ao redor da figura mitológica das Moiras.

Durante a segunda metade de 2012 e primeira de 2013 o grupo centraríase na celebración da súa XX Aniversario preparando por primeira vez un set acústico versionando varios dos seus temas máis emblemáticos xunto a unha serie de cancións de artistas ou grupos que influenciaron á banda ao longo da súa traxectoria.

É en 2014 cando Morgana vs. Morgana editan “II. No Nimbo” continuando a triloxía das Moiras. A crítica é unánime coa calidade de cada un dos traballos que o grupo vai editando así como co recoñecemento pola paixón e a intensidade que mostran en cada unha das súas composicións.

En 2017 Morgana vs. Morgana gravan o que será o seu próximo traballo “I. O Camiño Inverso Cara á Luz” que verá a luz durante a segunda metade de 2018 e que completará o proxecto iniciado en 2011.


The Black Wizards. V Montando Cristo Festival

THE BLACK WIZARDS

Bebendo das mesmas fontes que moitas das bandas contemporáneas, The Black Wizards preséntannos un conxunto de cancións que dan un novo xiro aos sons previamente escoitados e que imprimen a súa propia personalidade nestas melodías longas que pasan á perfección.

Con retroalimentaciones de guitarra apenas controladas como unha banda clásica de rock clásica, The Black Wizards captura o espírito dos rexistros realizados cun sentido de urxencia que falta nalgúns dos grupos de hoxe. É coma se estivesen vivindo en escuridades, habendo aprendido todo o que hai para aprender cos grupos máis famosos dos 70 e logo seguir adiante.

Os Black Wizards explotaron na escena a finais de 2015 co primeiro álbum bomba “Lake Of Fire”. Nun curto espazo de tempo, evolucionaron dun EP ben intencionado pero bastante atractivo (Fuzzadelic, feb 2015) a un inferno de longa duración. Un nin sequera necesita describir que tan ben dominan os seus instrumentos. Seguindo co Circuíto Europeo e tamén con aparicións bastante relevantes en festivais, The Black Wizards enfróntanse á tarefa sempre difícil do temido seguimento. Unha cousa é segura, The Black Wizards creceron. Non é exactamente vello, pero a experiencia é sabia. Volvéronse sabios máis aló dos seus anos e oídos. De aí vén What The Fuzz!, o seu segundo disco.

What The Fuzz! xira en torno ao momento en que estes magos acordan que é hora de deixar que a avalancha de pesadez derrúbese sobre vostedes. Con tempo para experimentar no estudo, idearon algunhas ideas enxeñosas e sorprendentes. Os Black Wizards aumentaron a súa aposta coa experimentación sónica sen perder de vista as raíces centrais de ter os pés no chan. É case coma se estiveses a escoitar un disco de blues na rotación incorrecta, pero en realidade gózalo máis desa maneira.


Septiembre Negro. V Montando Cristo Festival

SEPTIEMBRE NEGRO

Algúns pensan que son unha lenda, pero non é así!! SETEMBRO NEGRO son o estandarte do metal Porriñes. Unha formación lenxendaria que abala mais de 20 anos de historia nos que non saíu un “limpo” dos seus amplificadores.

Señores, señoras… Setembro Negro van rebentar o MCF 2018!!


5 Montando Cristo Festival


Cabecera-web-ecultura.png