Venres máxico. Mago Romarís: “Por arte de maxia”

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Venres 1 de marzo. 2019
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Recomendado para público familiar
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Mago Romarís: "Por arte de maxia"

Un espectáculo máxico de Antonio Romarís.

Antonio Romarís é un mago, produtor e director de maxia de recoñecido prestixio de Galicia, que sempre destacou por ter unha ampla e completa visión do mundo do espectáculo.

Como artista, creou un estilo de maxia propio que conecta coa idiosincrasia do pobo galego. Moitos dos seus números son ideacións propias; os seus espectáculos son esperados e contan co favor do público.

Participou en numerosos programas da TVG, como “Luar”, “En Pé de Festa”, “Mundo Verbena” ou “10 Magos no País das Marabillas”.

Impulsor da asociación Magos Profesionais de Galicia, participou nos festivais internacionais“Lisboa Mágica 2007” e“Encontros Mágicos de Coimbra 2008”, invitado por Luís de Matos.



Mago Romarís: "Por arte de maxia"


Cabecera-web-ecultura.png