Verbena a cargo da Orquestra Abanico. Festas de San Benito 2018

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Mércores 11 de xullo. 2018
| Ás 23:00 h.
Prazuela de San Sebastián » ver mapa

Orquestra-Abanico-1

Dentro da programación das Festas de San Benito 2018.

A Orquestra Abanico fai a súa presentación o 11 de Xaneiro de 2002 despois de varios meses de preparación. A experiencia adquirida despois de moitos anos no mundo do espectáculo fíxolles recapacitar sobre o camiño que deberiamos seguir para recuperar a tradición das verbenas, sen menosprezar os avances técnicos que se aplican hoxe en día pero cun único obxectivo claramente marcado: que o público que acode ás súas festas, non sexa un simple espectador dunha exhibición de luz e son, senón que e participe da súa verbena. Para iso están continuamente traballando, desde a elección do repertorio e a posta en escena, á constante preocupación por conseguir un son e iluminación adecuados a cada momento. Todo iso no seu xusto equilibrio e tendo moi claro que o principal protagonista da festa é o público.


Orquestra-Abanico


Cartel Festas de San Benito 2018. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png