XIV Dirt Track Porriño

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone

ACTUALIZACIÓN: nova data por previsión meteorolóxica adversa

Sábado 21 Sábado 28 de setembro. 2019
| Ás 21:00 h.

Velódromo Municipal do Porriño » ver mapa

XIV Dirk Track Porriño

Finalmente a proba “Dirt Track Porriño, Xacob Agra” aprazouse ata o vindeiro sábado día 28, por previsión meteorolóxica adversa.


Chega ao Velódromo Municipal a  XIV edición do Dirt Track Porriño, será o sábado 28 de setembro en horario nocturno, a partir das 21:00  h.

O Moto Club Papaya organiza o  XIV Dirt Track de Porriño, un evento deportivo que reunirá a 15 pilotos achegados de todo o territorio galego no Velódromo Municipal.

Este ano, os homenaxeados son o actual Campión do Mundo de Trial en TR2,  Marcelli, e o Campión de España MX, o porriñés Yago Martínez.

Como novidade, nesta décimo cuarta edición, disputarase un cara a cara por sorteo, no que cada piloto terá o seu punto de saída e meta a metade da pista.

As entradas teñen un prezo de 5 € e os menores de 10 anos entran gratis.

O Dirt Track ou Flat Track é unha disciplina deportiva motociclista de velocidade que se supón orixinaria de Estados Unidos e que se disputa en circuítos de terra.

Dentro do DT ou FT hai dúas variantes principais. A máis coñecida dispútase nun óvalo no que a pista é plana ou cun leve peralte e vírase no sentido contrario ás agullas do reloxo, é dicir, coas curvas sempre a esquerdas. A outra modalidade é o TT, no que a diferenza da anterior, os circuítos utilizados para estas carreiras si teñen curvas de dereita e esquerda e ás veces inclúen algún salto.



Cabecera-web-ecultura.png