| Venres 27 de setembro. 2019
| Ás 19:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios e centro urbano » ver mapa
Volve unha das carreiras máis espectaculares do calendario, o XLII Criterium Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo, “A Nocturna 2019”.
Máis de 55 trofeos para todas as categorías, desde escolas a masters. E a foto final dos gañadores, no palco e baixo unha choiva de confeti, inclue tamén o premio máis cobizado, a famosa barra de pan de 2 m. dunha panadería local.