Xornada Solidaria de Desenvolvemento, Superación e Crecemento Persoal

| Sábado 29 de decembro. 2019
| Ás 17:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL

Presentación: Soledad Girón Girón, Concelleira de Igualdade
Moderador: José Luis Carnicero Carrera.

O Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Igualdade, ven a colaborar no desenvolvemento destas xornadas sobre crecemento persoal; xornadas que abordarán unha temática actual e importante como é o cuidado do benestar individual, coñecer as ferramentas necesarias para facer unha boa xestión das súas emocións e sintomatoloxía. O Concello sempre apostou e seguirao facendo por mellorar na medida do posible a vida diaria dos seus cidadáns e cidadás, neste caso, abordando as súas circunstancias emocionais e seguindo a liña de actuación contemplada no III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello do Porriño, a iniciativa dun cidadán particular.

  • O obxetivo principal das xornadas é colaborar na cobertura das necesidades básicas dos veciños e veciñas do Porriño. A participación dos relatores e relatoras é totalmente altruísta, e non dubidaron en participar no proxecto.
  • Solicítase que as persoas asistentes traian un producto, perecedeiro ou non; principalmente pensando nos máis pequenos e pequenas: leite , galletas, cacao ou sucedáneos…
  • Finalizada a xornada ,o recabado, entregarase ao Banco de Alimentos ou ao organismo que o Concello indique, ao fin de que se faga o reparto entre as familias do concello máis necesitadas.

A propósito do amor de parella

Relator: Manuel Conde
Formación en Intelixencia emocional e PNL pola Universidade Camilo José Cela. Socio fundador do proxecto “Falla con éxito“. Director e Fundador da Editorial Supérate e autor de máis de 20 libros.


Reiki, a viaxe interior

Relatora: Susana Míguez da Silva
Licenciada en Filoloxía Hispánica, mestra de Reiki e terapeuta.


1, 2, 3, despierta

Relatora: Mónica Martínez
Coach personal especializada en superación de medos.


Unha forma diferente de comunicar

Relator: Javier Cebreiros
Doutor en comunicación, imparte conferencias, forma a equipos empresariais e asesora a persoas para falar en público cunha mensaxe baseada nas emocións e a autenticidade. Autor dos libros: “Olvida túa linguaxe corporal” e “Ser feliz non implica ser idiota“.


Soña e gana

Relator: David Huerga Hierro
Xogador profesional de Póker. Emprendedor e inversor.


Da meditación á reflexión. Unha reflexión que funciona

Relatora: Stella Maris Méndez
Médica especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Coach especializada en xestión do estrés laboral crónico e prevención de Burnout en persoal sanitario.


O reto de superar o imposible

Relatora: María José Freire
Educadora social especializada en intelixencia emocional. Licenciada en Ciencias do Traballo. Diplomada en Empresas e Actividades Turísticas. Formadora especializada en desenvolvemento e superación persoal. Docente voluntaria en colaboración con diversas ONG´S.


Cabecera-web-ecultura.png