Xornadas Cultura Urbana

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 2 e 3 de setembro. 2016
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

Xornadas Cultura Urbana O Porriño

A Biblioteca Municipal do Porriño marca no calendario a inauguración do curso escolar 2016/2017 coa celebración destas xornadas de cultura urbana. “Cultura Urbana en Estado Puro” desenvolverase na Praza Arquitecto Antonio Palacios, os días 2 e 3 de setembro.


Venres, 2 de setembro


| de 17:00 h. a 21:00 h.
Obradoiros:

Breakdance
Turnatablism DJ
Beatbox
Personalización de Gorras Trucker

Actuación:

MaiSon, Escola de música e Danza


Sábado, 3 de setembro


| de 12:00 h. a 20:00 h.

Skateboard, libre acceso ao skatepark instalado na Praza Arquitecto Antonio Palacios

| a partir das 17:00 h.

Exhibición de graffiti
Obradoirode de skateboard


A túa Biblioteca é +, achégate a Cultura Urbana en Estado Puro e compróbao!

Estatísticas biblioteca Municipal do Porriño


Coa colaboración de Vella Escola, entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx,  slackline, capoeira…

A misión de Vella Escola é promover e difundir en Galicia as manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano (disciplinas de Cultura Urbana), a través da xestión e oferta de actividades innovadoras de calidade, que respondan ás necesidades de expresión e ocio da xuventude actual.

O seu principal obxectivo é ofrecer ao colectivo xuvenil a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes proxectos que favorezan o seu desenvolvemento integral mediante; a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social a través da Cultura Urbana.


Máis info sobre Vella Escola na súa web » ligazón externa
Máis info sobre Vella Escola no seu perfil de Facebook » ligazón externa


logo-biblioteca-web-eculturaCabecera-web-ecultura.png