Xornadas de Educación e Formación no Fútbol Base

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| Martes 18 de febreiro. 2020
| De 16:30 a 20:30 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Xornadas de Educación e Formación no Fútbol Base

A Concellería de Deportes e o Porriño Industrial C. F. poñen en marcha estas xornadas para a educación e formación no fútbol base.  Son tres o relatores invitados, todos eles con amplo coñecemento na materia: Carlos Lago, Pep Marí e Elena Casal. 

Ademais e como vén sendo habitual noutras citas vinculadas co deporte, este evento ten un carácter solidario, polo que se pide aos asistentes que acheguen 1 kg. de alimentos non perecedoiros que se destinarán ao Banco de Alimentos. Haberá unha espazo debidamente sinalado para deixar os produtos.


Programa

  • Ás 16:30 h. > Portas abertas e recollida solidaria de alimentos
  • De 17:00 a 18:00 h. > Carlos Lago “gañar e gañar sen deixar de educar 
  • De18:00 a 18:15 h. > Descanso 
  • De 18:15 a 19:15 h. > Pep Marí “ser só pais 
  • De 19:15 a 19:30 h. > Descanso 
  • De 19:30 a 19:45 h. > Elena Casal “o fútbol base desde a perspectiva do arbitro 
  • De 19:15 a 20:45 h. > Preguntas aos invitados

 Carlos Lago

Carlos Lago Peñas é Catedrático da área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo. É autor de varios libros e numerosas publicacións en revistas internacionais sobre a análise do rendemento no fútbol e os deportes de equipo. Participa como docente en distintos Másteres e Cursos de Especialización en adestramento deportivo. Exerce como consultor e analista en diversos clubs profesionais. Colaborador habitual de distintos medios de comunicación. Publicou recentemente os libros “Ganar, ganar y ganar… sin dejar de educar” e “Cortita y al pie”.


Pep Marí

Licenciado en Psicoloxía e Máster en Psicoloxía do Deporte, pola Universidade Autónoma de Barcelona. Durante 28 tempadas, integrante do Departamento de Psicoloxía do Deporte do Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sant Cugat (Barcelona). As últimas 15 tempadas, en calidade de Xefe do Departamento. Durante dúas tempadas, responsable do Departamento de Psicoloxía do  RCD Espanyol de Barcelona. Na actualidade, exerzo de conferenciante e  formador de empresas, en materia de xestión de persoas. Autor dos libros “Aprender de los Campeones”, “Liderar Equipos Comprometidos” e “Equipos Campeones”, de Plataforma Editorial.


Elena Casal

Arbitra que con máis de 15 anos de experiencia tanto de auxiliar como de arbitra principal a dirixido todas as categorías desde 3ª Autonómica ata 3ª división masculina e primeira división feminina, sendo unha das arbítralas máis destacadas a todos os niveis.


Xornadas de Educación e Formación no Fútbol Base


Cabecera-web-ecultura.png