XV Noite do calacú

ACTUALIZACIÓN: cancelado por previsión meteorolóxica adversa

| Sábado 9 de novembro. 2019
| A partir das 11:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

XV Noite do calacú 2019


Organiza: Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián.

XV edición da tradicional Festa do Calacú de San Benito, unha cita que ten os seus orixes, cando menos, a mediados do século XX e que foi recuperada no ano 2004, unha celebración cunha fonda tradición porriñesa. A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, quere reivindicar a tradición galega dos calacús, fronte ao foráneo Halloween.

O sábado 9 de novembro, no barrio de San Benito, comezarán as actividades con xogos tradicionais galegos para nenas, nenos e maiores (de 11:00 a 14:00 h., na praza de San Sebastián); o obradoiro de cabazas para nenos e nenas (17:00 h.); a lectura do Pregón correrá a cargo de Juan Chinchina (19:00 h.); o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, Elena e Orlando (19:30 h.); o tradicional desfile do Gran Calacú dende o Concello ata o barrio de San Benito (20:00 h.); e por último, a degustación de castañas con viño tinto ou auga (20:30 h.); todo elo amenizado por unha charanga.


XV Noite do calacú 2019


Patrocinio PontegalCabecera-web-ecultura.png