XXX Feira Apícola das Rías Baixas

Comparte Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone
| 24 de marzo. 2018
| De 10:00 a 21:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

XXX Feira do Mel das Rías Baixas

A XXX Feira Apícola dás Rías Baixas celébrase o sábado 24 de marzo ao longo de todo o día. A actividade, que está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e pola Agrupación de Apicultores de Pontevedra, inclúe unha xornada técnica e un mercado no que se poderá adquirir mel, material de apicultura e produtos artesáns. Para o día anterior, o venres 23, programáronse tamén talleres de trampas de velutinas e de elaboración de xabón con mel.


Talleres. 23 de marzo


Os nenos e o Mel de Galicia
O consello regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia, achegaranlle aos nenos o fermoso mundo da apicultura e todos os beneficios que nos aportan as abellas. Ademais poderán participar nunha degustación comentada.
Á mañá · No CEIP de Atios · De balde · So para alumnos do CEIP de Atios

Obradoiro de elaboración de xabón
A cargo de Manuela Vázquez Castro. Cativos e adultos aprenderán a elaborar xabón de mel, própole, aloe vera e aceites esenciais. Cada participante levará para casa o xabón feito, ata fin de existencias.
De 16:30 a 18:30 h. · Custe: 1 € · Escola Municipal de Música · Aforo limitado · Reservas en info@naranjalimon.es

Obradoiro de trampas artesanais para a Vespa velutina
A cargo de técnicos da Agrupación Apícola de Galicia. Cativos e adultos aprenderán a elaborar trampas artesanais para atrapar á Vespa velutina. Cada participante ten que levar botellas de plástico de 0,5 l. ou 1,5 l. Levarán para casa a trampa feita.
De 18:30 a 19:30 h. · De balde · Escola Municipal de Música · Aforo limitado · Reservas en info@naranjalimon.es


Programa da xornada técnica da Feira
24 de marzo


10:00 h. – Apertura da Feira

10:15 h. – Própole: métodos de recolección
Félix Adanero Jorge · Doutor en Farmacia pola Universidade de León

11:15 h. – Control da mortalidade e produción intensiva
David Sousa Alonso · Técnico apícola en Eco Abella S. L.

12:30 h. – Inauguración das xornadas por parte das autoridades

12:45 h. – Boas prácticas na alimentación apícola
Fina Gonell Galindo · Pajuelo Consultores Apícolas S. L.

14:30 h. – Almorzo
Prezo 20 euros · só para socios da Agrupación Apícola de Galicia · Reservas en info@naranjalimon.es

17:00 h. – Taller de nutrición e alimentación das abellas
Fina Gonell Galindo · Pajuelo Consultores Apícolas S. L.
Prazas limitadas a socios/as da AAPP e Agrupación Apícola de Galicia
Inscrición previa en apicultoresvigo@yahoo.es

20:00 h. – Asemblea e actividades do ano 2018 da Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra (AAPP)

21:00 h. – Peche da Feira


A maxia do mel. 24 de marzo


De 16:00 a 17:30 h. – Amaxia do mel. Os disfraces do Mago Pirú
De balde · Aberto a todos os públicos

De 18:30 a 19:30 h. – Espectáculo de maxia do Mago Pirú
De balde · Aberto a todos os públicos


Cata Mel de Galicia. 24 de marzo


De 17:30 a 18:30 h. –Degustación do ouro doce da naturaleza galega. Mel de Galicia.
Unha oportunidade para descubrir todos os matices do noso mel, a través da degustación das diferentes monoflorais pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Impartida por unha técnica do Consello Regulador IXP Mel de Galicia
De balde, ata esgotar existencias · Aberto a todos os públicos


XXX Feira do Mel das Rías Baixas


Cabecera-web-ecultura.png