15ª Noite do Calacú

ACTUALIZACIÓN: aprazado por previsión meteorolóxica adversa e adiado ao sábado 6 de novembro

| Sábado 30 de outubro Sábado 6 de novembro. 2021
| Desde as 17:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

15ª Noite do Calacú. Concello do porriño

Organiza: Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
Colaboran: Concello do Porriño e Pontegal


XV edición da tradicional Festa do Calacú de San Benito, unha cita que ten os seus orixes, cando menos, a mediados do século XX e que foi recuperada no ano 2004, unha celebración cunha fonda tradición porriñesa. A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, quere reivindicar a tradición galega dos calacús, fronte ao foráneo Halloween.

O sábado 30 de outubro sábado 6 de novembro, no barrio de San Benito, comezarán as actividades con obradoiros para nenas e nenos, de 17:00 a 19:00 h. Seguirán varias actividades entre as que destacan o nomeamento da Dama e o Cabaleiro do Calacú, Elena e Orlando (19:30 h.); o tradicional desfile do Gran Calacú dende o Concello ata o barrio de San Benito (20:00 h.); e por último, a degustación de castañas con viño tinto ou auga (20:30 h.); todo elo amenizado por unha charanga.


15ª Noite do Calacú. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png