| Venres 28 de abril (3ª xornada). 2023
| Obradoiro: de 16:00 a 18:30 h | Conferencia: Ás 19:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
- Obradoiro: Acompañando desde o respecto
- Conferencia: O conto como ferramenta para abordar dificultades do procesamento sensorial
Relatoras: Marta Pérez e Paula Madrid (Infancia Meirch&Peich)
Xornadas para familias e profesionais
Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño
Aproveitando a boa acollida que tivo este proxecto, impulsado durante o ano 2022 pola Concellería de Cultura e Igualdade do Porriño, a través da Biblioteca Municipal, apostouse por unha nova edición deste ciclo de xornadas para seguirlle achegando e divulgando información á sociedade adulta, a responsable de guiar e acompañar a nosa infancia.
Coma na anterior edición, as diferentes perspectivas abordaranse desde a oportunidade e o desafío que supón entender mellor o desenvolvemento do cerebro infantil e cal é o noso papel como coidadores/as, sexamos as súas figuras referentes ou as persoas que atendemos as súas necesidades en momentos puntuais. Porque o noso modo de estar presentes, de crear oportunidades e acompañalos/as no seu camiño así coma o modo no que nos comunicamos condiciónaos/as.
Nesta ocasión, vólvese apostar por diferentes perfís profesionais para afondar no campo da comunicación, o procesamento sensorial e a aprendizaxe.
Como novidade, nesta edición desenvolverase antes de cada conferencia, un obradoiro práctico onde se darán e proporán ferramentas prácticas e útiles para aplicar cada día coa conciencia e co propósito de favorecer un bo desenvolvemento infantil. Estes obradoiros levaranse a cabo en grupos reducidos e requirirán inscrición previa no seguinte correo electrónico: biblioteca@oporrino.org
Os relatorios son abertos a todo o público sen necesidade de inscrición.
2ª Xornada
Obradoiro: Acompañando desde o respecto
Venres 28 de abril. De 16:00 a 18:30 h
A miúdo afloran interrogantes que nos fan dubidar das nosas capacidades para superar adecuadamente as dificultades que se nos presentan no día a día. Este obradoiro ofrece recursos para acompañar a nosa infancia con bases sólidas para unha boa saúde mental.
Obradoiro vivencial destinado a familias e profesionais que queiran gozar dos seus roles, desde a seguridade e tranquilidade, para favorecer o crecemento saudable da infancia a través de ferramentas como a disciplina positiva, entre outras. Trataranse temas como: a comprensión do cerebro e as emocións, as ferramentas para o día a día, a xestión de rabechas e que facer nos momentos difíciles.
Conferencia: O conto como ferramenta para abordar dificultades do procesamento sensorial
Venres 28 de abril. Ás 19:00 h
A través desta formación poderás coñecer o proxecto Infancia M&P da man das súas propias creadoras.
Mergullarémonos no mundo da integración sensorial, resolveremos casos prácticos, abordaremos a importancia do conto como recurso e coñeceremos contos sobre integración sensorial.
Relatoras: Marta Pérez e Paula Madrid (Infancia Meirch&Peich)
Marta Pérez Álvarez
Terapeuta Ocupacional no SERGAS e musicoterapeuta.
Educadora de Disciplina positiva para familias.
Rematando un grao en Psicoloxía.
Terapeuta de enfoque sistémico e integrador especialista en Trauma.
Paula Madrid Martínez
Terapeuta Ocupacional no SERGAS.
Certificada en Integración Sensorial Ayres ®
Máster en Coidados da Saúde para a Promoción da Autonomía Persoal.
Máster para o Profesorado.
Xa o sabes, garda na túa axenda os tres últimos venres de abril de 2023! Non o esquezas, ás 16:00 h os obradoiros e ás 19:00 h as conferencias no Centro Cultural Municipal.
Servizo de acompañamento infantil: durante o tempo da charla contaremos con persoal para acompañar as vosas crianzas e aproveitar para mostrarlles o fondo bibliográfico da biblioteca municipal.
- 1ª Xornada. Venres 14 de abril [ver]
OBRADOIRO: Comunicación no conflito
CONFERENCIA: Por que lle doe a tripa?
Relatora: Gloria González - 2ª Xornada. Venres 21 de abril [ver]
OBRADOIRO: Cre en ti para crear
CONFERENCIA: Axúdalles a ver o que outros non ven
Relatora: Patricia García Figueroa (Trazos Class) - 3ª Xornada. Venres 28 de abril
OBRADOIRO: Acompañando desde o respecto
CONFERENCIA: O conto como ferramenta para abordar dificultades do procesamento sensorial
Relatoras: Marta Pérez e Paula Madrid (Infancia Meirch&Peich)
Laura Alonso Coto
(coordinadora das xornadas)
Óptico-optometrista con formación de posgrao en Optometría clínica e Terapia visual. Ampla e continua formación no ámbito do desenvolvemento infantil, así como asistente e relatora en diferentes cursos do ámbito nacional e internacional.
Socia clínica de SIODEC (Sociedade Internacional de Optometría do Desenvolvemento e o Comportamento) sociedade que representa o seu enfoque profesional e de acompañamento das persoas, socia voluntaria de “Abre sus ojos”, con quen colabora nos programas de avaliación a pacientes con discapacidade intelectual e necesidades visuais, así como de “Ocularis ONGD”, asociación que forma profesionais do ámbito da saúde visual en diferentes países de África.
Actualmente é profesora da “Asociación Española de Optometristas Unidos” impartindo cursos para optometristas e dirixe a súa propia consulta de optometría na clínica “Sastre & Rojo” (Vigo).
A súa paixón e experiencia persoal, así coma a súa traxectoria profesional, fai que sinta a necesidade de traballar en equipos interdisciplinarios e coordinar ou impartir cursos e obradoiros de divulgación e prevención visual, entre outros temas do ámbito da saúde e da educación social.
Descarga o programa das charlas [ PDF ]