| Sábados 2 de decembro. 2023
| De 11:00 a 13:00 h
Organizan: Concellería de Xuventude e OMIX do Porriño. Verdegaia en colaboración coa Oficina de Voluntariado do Concello do Porriño
O Concello colabora coa Asociación ecoloxista Verdegaia. As intervencións pasadas e última, estan supervisadas por membros desta Asociación que contan cunha ampla experiencia en actividades de restauración ambiental e de eliminación de especies invasoras.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude (OMIX), que dirixe Antonio Barros, fai un chamamento para que toda a cidadanía porriñesa interesada en botar unha man, participe como voluntaria nos labores de limpeza e eliminación de especies invasoras, actividade que levaremos a cabo no río Couso.
Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado para esta intervención, poderán informarse e/ou inscribirse no teléfono 986337624 (ext. 1) ou no correo electrónico omix@oporrino.org , ata o día 1 de decembro, ás 10:00 horas.
Nesta última intervención o vindeiro sábado 2 de decembro (11:00 h – 13:00 h), farase unha revisión do traballo realizado nas anteriores intervencións e analizaráse a posibilidade de repoboación da zona con especies autóctonas para frear a expansión das EEI que rodean a zona intervida.