| Venres 19 de abril (3ª xornada). 2024
| Obradoiro: ás 16:30 h • Require inscrición previa
| Conferencia: ás 18:30 h • Entrada libre e de balde ata completar prazas
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
O corpo e o movemento do/a neno/a como ferramenta para a súa aprendizaxe
Relatora: Yolanda García Pizarro
Xornadas para familias e profesionais
Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño
Nesta nova edición das xornadas, organizadas pola Concellería de Cultura do Porriño, a través da Biblioteca Municipal, abordarase novamente e dende diferentes perspectivas, como favorecer e previr problemas de atención e aprendizaxe. A atención e a presenza plena son habilidades que se cultivan dende a primeira infancia e as persoas adultas temos a responsabilidade de ser modelo e fomentar o espazo que lle permita á nosa infancia cultivar esta aprendizaxe.
Repetindo o formato da pasada edición, que tivo tan boa acollida, nesta ocasión volverase realizar un obradoiro, previo á conferencia, no que se favorecerá a experimentación en grupos reducidos e que precisa dunha inscrición previa na biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@oporrino.org.
Despois do obradoiro terá lugar a conferencia aberta a todo o público, que non require inscrición.
3ª Xornada
O corpo e o movemento do/a neno/a como ferramenta para a súa aprendizaxe
Venres 19 de abril
Obradoiro: ás 16:30 h | Conferencia: ás 18:30 h
A conexión entre o desenvolvemento motor e os problemas de aprendizaxe é crucial. As habilidades motoras afectan á participación en actividades académicas e sociais. As dificultades na coordinación motora poden ser un indicador temperán de desafíos educativos, por iso veremos como abordar o desenvolvemento motor para contribuír a unha aprendizaxe máis efectiva e a un crecemento integral do/a neno/a.
Relatora: Yolanda García Pizarro
Fisioterapeuta. Especialista en Desenvolvemento Infantil. Traballa en pediatría dende hai 25 anos acompañando a familias no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Defensora da prevención nas dificultades do desenvolvemento e do apoderamento das familias a través da información. Formouse en campos tan diversos como a medicina tradicional chinesa, a neuropediatría, a fisioterapia en lactación materna; mestra de ioga para nenos/as e adolescentes instrutora de masaxe infantil, terapia manual e integración de reflexos.
Xa o sabes, reserva na túa axenda o terceiro venres de febreiro, marzo e abril. Non o esquezas, ás 16:30 h os obradoiros (con inscrición previa) e ás 18:30 h as conferencias no Centro Cultural Municipal.
Correo electrónico para as inscricións: biblioteca@oporrino.org
Servizo de acompañamento infantil: durante o tempo da charla contaremos con persoal para acompañar as vosas crianzas e aproveitar para mostrarlles o fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal.
- 1ª Xornada. Venres 16 de febreiro
Importancia do sono na saúde dos/as nenos/as [ver]
Relatora: Isabel Portela - 2ª Xornada. Venres 15 de marzo [ver]
Visión e atención
Relatora: Blanca Olmedo García-Señoráns - 3ª Xornada. Venres 19 de abril
O corpo e o movemento do/a neno/a como ferramenta para a súa aprendizaxe
Relatora: Yolanda García Pizarro
Laura Alonso Coto (coordinadora das xornadas)
Óptico-optometrista con formación de Posgrao en Optometría Clínica e Terapia Visual. Ampla e continua formación en varios ámbitos, destacando o desenvolvemento infantil. Conferenciante en diferentes relatorios e cursos de ámbito nacional e internacional.
Vocación altruísta, que a leva a colaborar con varias asociacións, así como a ser socia clínica de SIODEC (Sociedade Internacional de Optometría do Desenvolvemento e o Comportamento). Tamén participa activamente en “Abre sus Ojos”, onde realiza a avaliación a persoas con discapacidade intelectual, e en “Ocularis”, onde forma profesionais en países en desenvolvemento.
Actualmente, combina a súa traxectoria profesional coa dirección da súa propia consulta de optometría e imparte cursos para optometristas a través da “Asociación Española de Optrometristas Unidos”, entre outros proxectos de divulgación e prevención visual.
Descarga o programa das charlas [ PDF ]