| Xoves 17 de outubro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 3-12 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Un espectáculo da compañía Eduvía.
O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.
Contateca
Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.