A Contateca: “Contos e outras andrómenas”

| Xoves 28 de novembro. 2019
| Ás 18:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 4-10 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Contateca: "Contos e outras andrómenas"

Un espectáculo da compañía Pedro Brandariz.

Espectáculo de narración oral composto por tres historias, protagonizadas por unha pantasma, un paraugas e un parrulo. Historias rescatadas da tradición oral que son adaptadas polo narrador aos tempos actuais, para transmitir unha serie de valores educativos como son: a igualdade de xénero, o compañeirismo e o optimismo vital… non son cousa pequena.


A Contateca: "Contos e outras andrómenas"

Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai. Mais, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral. Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, DINAMOteatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente tamén con Brandariz nas súas montaxes. Algo lóxico, vendo a súa enorme capacidade expresiva e humorística.


A Contateca: "Contos e outras andrómenas"


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png