ACTUALIZACIÓN: cambio de obra
| Xoves 24 de outubro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 4-11 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Debido a unha causa allea á Biblioteca Municipal do Porriño, a obra prevista para o xoves 24 de outubro “Contos para pasalo de medo”, tivo que ser substituída por esta outra: “A carteira de Augasclaras”.
Un espectáculo da compañía Títeres Brincadeira.
Martina reparte cartas na biblioteca:
Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo.
Outra, da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais.
A nena que rega a albáfega escríbenos dende moi lonxe, onde ninguén pode obrigala a facer o que non queira.
Estela dinos como aprendeu a berrar moi forte se algún maior nos fai xogar a xogos que non nos gustan nada.
Contateca
Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.