A Contateca: “Travesías”

| Xoves 19 de decembro. 2019
| Ás 18:00 h.

Biblioteca Municipal do Porriño Municipal » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 3-8 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Contateca: "Travesías". Raquel Queizás

Un espectáculo de Raquel Queizás.

Viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir alcanzar os seus sonos.

Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os protagonistas eran sempre heroes masculinos que salvaban a unha débil princesa. E en raras ocasións aparecían mulleres decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos, e entre mulleres e homes.


A Contateca: "Travesías"


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png