A eira do paporrubio

| Sábado 11 de setembro. 2021
| Xogos populares: ás 11:00 h. |Espectáculo de monicreques: ás 12:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

A eira do paporrubio. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Espectáculo-obradoiro de xogos, monicreques, música e tradición oral para familias con rapaces maiores de dous anos.

A eira do paporrubio desenvólvese nun espazo soñador e máxico onde conviven animais domésticos e non tan domésticos, que serán os protagonistas das fábulas.

As galiñas andan esfameadas agardando polo millo que celosamente coida o espantallo. O ratiño coñece o lugar secreto onde se gardan os mellores queixos. A raposa anda axexando un despiste do can de palleiro, que é o encargado de poñer orde nesta rebuldeira eira. Na aldea dos paxaros hai sempre cantos, bailes e contos. O boi marelo sempre anda a presumir dos seus cornos, a ra de santón come un día si e outro non e os lagartos pasan o día a tomar o sol mentres os sapoconchos andan ás carreiras.

Soa un acordeón… o paporrubio sae da súa casa cos zocos de bailar. Nenos e nenas, benvidos ao espectáculo!

O proxecto, desenvolvido por Luchi Iglesias e Carlos Quintá, mestura música e xogos tradicionais con outros de creación propia que farán que os nenos e nenas gocen dunha divertida xornada descubrindo os segredos e costumes da vida na eira.


A eira do paporrubio. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Patrocinio_Concello_Xunta_Xacobeo_Lingua

Cabecera-web-ecultura.png