A Hora de Dar 2024. Campaña de recollida de produtos para a infancia

| Xoves 28 de novembro. 2024
| Ao longo da mañá, nos centros de ensino do Concello do Porriño (para a comunidade escolar)
| Doazóns da veciñanza, en xeral, ata o 11 de decembro no punto de recollida habilitado no Pavillón Municipal do Porriño

A Hora de Dar 2024. Campaña de recollida de produtos para a infancia

Organizan: Concellería de Educación, a Concellería de Infancia e OMIX do Porriño


Seguindo as indicacións das necesidades que detectan dende Servizos Sociais, a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño lanzan a III campaña de recollida específica de alimentos “A hora de dar”.

A OMIX do Porriño e a Concellería de Educación organizan e apoian a iniciativa “A hora de dar”, petición que foi feita e aprobada por todos/as os/as portavoces dos centros educativos do Porriño que participaron no último pleno infantil celebrado o pasado 20 de novembro, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.

A iniciativa porase en marcha o vindeiro 28 de novembro co lanzamento da campaña deste ano desde un dos centros educativos participantes o longo da mañá, e con ela preténdese incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. Ceipp Antonio Palacios, Cpr Hnos. Quiroga, Ceipp Atios, Ceip da Cruz-Budiño, Ceipp da Ribeira, Ceipp Fernández López, CPR Sto. Tomás, Ies Ribeira do Louro e Ies Pino Manso participan na campaña deste ano. O obxectivo é dedicar unhas datas para celebrar o feito de dar.

Este ano, a recollida específica centrarase nos alimentos que deseguido detallamos para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menos recursos.

  • Pasta (espaguetes, macarróns, espirais,…)
  • Arroz.
  • Cacao soluble.
  • Galletas de almorzo.
  • Conservas (atún, sardiñas, mexillóns,…)

Unha vez máis, realizarase contando coa colaboración dos centros escolares, nos que se instalarán puntos de específicos para a recolleita do entregado pola súa comunidade escolar.

Tamén, dende o Concello, convidamos a toda a veciñanza a participar este 28 de novembro, no que todo o mundo se une para dar e informamos de que as persoas interesadas en facer doazóns destes produtos terán de prazo ata o 11 de decembro para entregalos no punto de recollida habilitado no Pavillón Municipal do Porriño.



A Hora de Dar 2024. Campaña de recollida de produtos para a infancia


Cabecera-web-ecultura.png