A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia

| Martes 28 de novembro. 2023
| A partir das 10:00 h, nos centros de ensino do Concello do Porriño (para a comunidade escolar)
| Doazóns da veciñanza, en xeral, ata o 11 de decembro no punto de recollida habilitado no Pavillón Municipal do Porriño

A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia

Organizan: Concellería de Educación, a Concellería de Infancia e OMIX do Porriño


Seguindo as indicacións das necesidades que detectan dende Servizos Sociais, a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño lanzan a campaña de recollida específica de alimentos e produtos infantís de alimentación e hixiene: “A Hora de Dar”.

Esta proposta foi aprobada no Pleno infantil municipal, celebrado o pasado 20 de novembro, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.
A iniciativa porase en marcha o vindeiro 28 de novembro co lanzamento da campaña deste ano no CEIPP Antonio Palacios ás 10:00h e con ela preténdese incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar unhas datas para celebrar o feito de dar.

A OMIX do Porriño e a Concellería de Educación organizan e apoian a iniciativa “A Hora de Dar”, petición que foi feita e aprobada por todos/as os/as portavoces dos centros educativos do Porriño que participaron no último pleno infantil celebrado o pasado 20 de novembro. Este ano, a recollida específica centrarase en produtos infantís, alimentos e produtos de hixiene para bebés (cueiros dos talles 4-5-6, cremas, toalliñas, xel, colonias, tarriños de purés e froita, leite, cereais…), para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menos recursos.

A recollida, unha vez máis, realizarase contando coa colaboración dos centros escolares, nos que se instalarán puntos de específicos para a recolleita do entregado pola súa comunidade escolar.

Tamén, dende o Concello, convidamos a toda a veciñanza a participar este 28 de novembro, no que todo o mundo se une para DAR e informamos de que as persoas interesadas en facer doazóns destes produtos terán de prazo ata o 11 de decembro para entregalos no punto de recollida habilitado no Pavillón Municipal do Porriño.


A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia


OMIXCabecera-web-ecultura.png