A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia

| Martes 29 de novembro. 2022
| Centros de ensino do Concello do Porriño

A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


Seguindo as indicacións das necesidades que detectan dende Servizos Sociais, a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño lanzan a campaña de recollida específica de alimentos no Nadal de produtos infantís, de alimentación e hixiene, “A hora de dar”.

Esta proposta foi aprobada no pleno infantil municipal, celebrado o pasado 18 de novembro, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.

A campaña porase en marcha o vindeiro 29 de novembro e con ela preténdese incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar unhas datas para celebrar o feito de dar.

A OMIX do Porriño e a Concellería de Educación organizan e apoian a iniciativa “A hora de dar”, petición que foi feita e aprobada por tódolos portavoces dos Centros Educativos do Porriño que participaron no último pleno infantil celebrado o pasado 18 de novembro. Este ano, a recollida específica centrarase en productos infantís, alimentos e produtos de hixiene para bebés (cueiros, cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo …), para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menos recursos. A recollida terá lugar o 1 e 2 de decembro e realizarase contando coa colaboración dos centros escolares, nos que se instalarán  puntos de recollida.

Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza a participar este 29 de novembro, no que todo o mundo se une para dar e informamos de que as persoas interesadas en facer doazóns destes produtos terán de prazo ata o 2 de decembro para entregalos no SOS do Porriño.


A Hora de Dar. Campaña de recollida de produtos para a infancia


Cabecera-web-ecultura.png