A lingua: na boca

| 3 de agosto. 2016
| Ás 21:00 h.
Praza de Antonio Palacios » ver mapa

Brais Iriarte e Fran Núñez de Limiar Teatro serán os encargados de levar a escena  o espectáculo “A Lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao”.

Este espectáculo cómico, poético e musical pretende achegarnos a vida e obra do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

“A Lingua na boca” é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral para xogar coa lingua. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Dicía Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua”. A lingua como xeito de entender e coñecer o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato cultural compartido.

Durante o espectáculo, interpretaranse temas e melodías tradicionais galegos actualizados xogando coas posibilidades creativas que achega unha loop station e interpretados con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e percusión.
A obra enmárcase dentro da celebración do Ano Castealo promovido pola Deputación de Pontevedra.

Máis información sobre a Limiar Teatro na súa web » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png