A mocidade coas Letras Galegas

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA AO MARTES 4 DE MAIO

| Martes 27 de abril Martes 4 de maio. 2021
| A partir das 10:00 h.
Praza do Cristo » ver mapa
| Instalación de pancartas no Centro Cultural Municipal
| Deputación de Pontevedra | Concello do Porriño | OMIX do Porriño

A mocidade coas Letras Galegas

A OMIX xunto coa Concellería de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, trae o programa “A mocidade coas Letras Galegas 2021”. O martes 27 de abril 4 de maio, na Praza do Cristo, para celebrar o Día das Letras Galegas 2021 dedicado á poeta Xela Arias, en horario de mañá cunha duración prevista de catro horas, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas.

Con esta iniciativa, promóvese o uso da lingua galega entre a mocidade a través dun achegamento máis atractivo e usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na Cultura Urbana, concretamente no Rap; onde, partindo de contidos culturais relacionados coa nosa comunidade e a nosa contorna, motivamos a nosa rapazada a participar en proxectos creativos.

Por outro lado, dignificase a lingua galega, usando como vínculo artístico, musical e plástico, a figura de Xela Arias, aportando o recoñecemento da poeta e toda a súa traxectoria vital.

Con “A mocidade coas Letras Galegas 2021”, no Porriño, tamén contribuímos a promocionar e dar visibilidade as actividades de carácter artístico e o uso da lingua galega a través deste programa mediante a súa publicación nas redes sociais, páxinas web e noutros medios de comunicación e difusión.


DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA AO MARTES 4 DE MAIO

Actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021 dedicado á poeta Xela Arias:

  • Ás 10:00 h.: montaxe de evento. Decoración de pancartas dedicadas a Xela Arias, elaboradas polas alumnas/os do IES Ribeira do Louro (esta actividade continuará desenvolvéndose durante toda a xornada).
  • Ás 11:00 h.: RAP con Xela nas Letras. Inicio dos Obradoiros de RAP e Pintura Mural relacionados coa autora, a súa persoa ou elementos relacionados coa súa obra literaria.
  • Ás 12:00 h.: Continuación das actividades participativas con novos grupos de participantes.
  • Ás 13:00 h.: remate da obra mural e apertura da zona como “photocall”.
  • Ás 14:00 h.: remate das actividades coa instalación das pancartas conmemorativas polo Día das Letras Galegas nas fachadas dos edificios do Centro Cultural Municipal e do Concello do Porriño, onde permanecerán expostas durante todo o mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

A mocidade coas Letras Galegas


Patrocinios-Depo-Concello-OMIX

Cabecera-web-ecultura.png