A visita de Papá Noel e o seu reno Rudolf

| 19, 20 e 21 de decembro. 2022
| Actividade concertada cos centros de ensino do Concello do Porriño

A visita de Papá Noel e o seu reno Rudolf

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


As nenas e nenos que cursan ensinanzas de Educación Infantil e Primaria do Porriño recibirán a visita de Papá Noel e do seu reno Rudolf os días 19, 20 e 21 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Educación e da OMIX do Porriño.

Papá Noel comezará a súa andaina o luns día 19 nos centros CEIP da Cruz-Budiño, CEIP da Ribeira e CEIP Fernández López, nos que visitarán as/os máis pequenas/os. O martes 20 retomará a súa actividade nos colexios CEIP de Atios, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga, e o mércores 21 concluirá as súas visitas nos centros CEIP Antonio Palacios, EI de Mosende e Aceesca.

Realizarán unha visita por cada un dos nosos colexios para saudar os grupos escolares e interactuar con eles (arredor de 1.100 alumnos/as), ademais de recibir todos os desexos e ilusións das/os máis pequenas/os, para estas datas sinaladas tan especiais.

A Concelleira de Educación, Carolina González, indicou que “se hai datas que se celebran con especial coidado nos nosos colexios é, sen dúbida, as do Nadal. É unha das datas especiais do ano que conmemoramos nas aulas. As escolas disfrázanse, énchense de actividades relacionadas coas vacacións de Nadal e sempre hai algún evento especial para celebrar. Dende o Concello queremos seguir fomentando o espírito do Nadal e a ilusión destas datas tan especiais entre as/os máis pequenas/os da casa, á vez que seguimos traballando para conseguir integralas/os na sociedade na que vivimos en todos os sentidos, así como en todo o relacionado coa nosa cultura.”


A visita de Papá Noel e o seu reno Rudolf


Cabecera-web-ecultura.png