Acendido da iluminación do Nadal 2024

| Sábado 23 de novembro. 2024
| A partir das 17:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Acendido da iluminación de Nadal

A maxia do Nadal chega Porriño o vindeiro sábado 23 de novembro, co tradicional acendido da iluminación do Nadal, un evento que marca o inicio das celebracións máis entrañables do ano.

A cita, que promete encher de ilusión as rúas da vila, comezará ás 17:30 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios e estenderase ata o final da xornada, convertendo O Porriño nun verdadeiro escenario de luz e música. Como xa é costume, serán os usuarios e usuarias da Asociación Aceesca quen, coa súa mensaxe de esperanza e os seus sorrisos, se encarguen de pulsar o botón que acenderá o Nadal. Un xesto cheo de simbolismo e de calor humana que, ano tras ano, emociona a pequenos e maiores.

O evento iniciarase ás 17:30 h cunha dobre dose de cultura e tradición: a actuación do grupo Folk da Escola de Música do Porriño e o de gaitas da Asociación Cultural os Penediños de Atios. Ás 19:00 h chegará o momento máis esperado, o aceso das luces que adornarán as rúas, parques e prazas do municipio, creando unha atmosfera única e máxica. A cerimonia contará co pregón a cargo de Aceesca, unha mensaxe de empatía e inclusión para todos os porriñeses.

Unha vez que O Porriño brille coa luz do Nadal, a festa continuará co concerto de King Kids e para culminar a noite coa mellor das enerxías, a sesión de Dj Dorman poñerá o broche de ouro.



Cabecera-web-ecultura.png