Acendido da iluminación do Nadal 2025

| Venres 28 de novembro. 2025
| A partir das 18:30 h

Acendido da iluminación do Nadal 2025

O Porriño acenderá o Nadal 2025 o venres 28 de novembro. Usuarios de Aceesca, Afaga, Vide e dos centros de día serán os encargados, ás 20:15 horas, de premer o botón que iluminará O Porriño cun milleiro de luce. Un momento especial, emotivo e profundamente inclusivo.

Antes, para os máis pequenos e pequenas da casa: contacontos. E despois: a estrea da nova panxoliña “O Nadal no Porriño”, o espectáculo de Soraya ás 21:30 horas e unha sesión DJ para rematar por todo o alto.


Programación

  • 18:30 h: Contacontos interactivo “Un conto de Nadal” con Lalá Teatro.
  • 20:15 h: Acendido do alumeado con usuarios de Aceesca, Afaga, Vide e dos centros de día, que prenderán un milleiro de luces por todo o municipio.
  • 20:30 h: Concerto “Voces do Porriño” con artistas locais e estrea da panxoliña “O Nadal no Porriño”.
  • 21:30 h: Soraya en directo, cun espectáculo cheo de enerxía e ambiente festivo.
  • 22:30 h: Sesión DJ para rematar a noite bailando!

Acendido da iluminación do Nadal 2025

A iluminación deste ano incorpora como gran novidade un espectacular teito de luces de 30 metros na zona peonil da rúa Ramón González. Este espazo acollerá diariamente un espectáculo sincronizado de luz, son e baile, que converterá este punto nun dos grandes atractivos do Nadal no municipio.

A montaxe inclúe:

  • 157 arcos luminosos
  • 2.176 elementos decorativos
  • 990.422 micro-LEDs
  • iluminación en todo o casco urbano e parroquias

Un Nadal cheo de luz, actividade e ilusión



Cabecera-web-ecultura.png