Acendido do alumeado de Nadal 2022

| Sábado 3 de decembro. 2022
| A partir das 17:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Acendido do alumeado de Nadal 2022

O Porriño celebra o Nadal por todo o alto. Este ano o pistoletazo de saída será o sábado 3 de decembro, co encendido do alumbrado na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Unha data que non é aleatoria, pois coincide coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, algo que o Concello do Porriño quere poñer en valor. Así, representantes de varias asociacións de persoas con discapacidade serán os encargados de premer o botón que iluminará a vila.

A partir das 17:00 h comezarán os actos coa actuación do grupo de gaitas San Xurxo de Mosende e as Cantareiras Acordecans de Cans. Os máis pequenos poderán disfrutar tamén do espectáculo infantil “A bailar no Nadal”.

Tras o acto de encendido haberá música en directo con Noemí Fernández e Iker Faure que ofrecerán un concerto.


  • Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • Ás 17:00 h > Grupo de Gaitas San Xurxo de Mosende e Cantareiras Acordecans de Cans
  • Ás 18:00 h > Espectáculo infantil “A bailar no Nadal!”, da compañía Animar-t
  • Ás 19:00 h > Acendido da iluminación de Nadal
  • Ás 19:15 h > Concerto: Noemi e Iker Faure

Espectáculo infantil "A bailar no Nadal!"

Concerto: Noemi e Iker Faure


Cabecera-web-ecultura.png