Acienciacerta. I Mostra de Ciencias na Rúa / Openscience

ACTUALIZACIÓN: cancelado o día 8 por previsión meteorolóxica adversa

| Días 6, 7 e 8 de xuño. 2024
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Acienciacerta. I Mostra de Ciencias na Rúa / Openscience


A I Mostra de ciencia na rúa/openscience ACIENCIACERTA, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal , tomará a vila os días 6, 7 e 8 (cancelado o día 8) de xuño.

A primeira edición deste evento pretende achegar a ciencia á veciñanza do Porriño. Así, entre os principais obxectivos desta feira está o de aumentar as vocacións científicas e espertar o gusto pola ciencia entre pequenos e maiores. Todo isto dunha maneira lúdica e asequible para os nenos e nenas.

Tamén establecer pontes entre docentes, institucións científicas e a sociedade dun xeito diferente para compartir coñecementos e ideas.
ACIENCIACERTA contará con persoeiros de relevancia no eido científico como a Catedrática de Física Aplicada da Universidade de Vigo, Verónica Salgueiriño Maceira que será a I Madriña de ACIENCIACERTA e a encargada de ler o Pregón. Verónica, veciña de Pontellas, é investigadora en materiais magnéticos con aplicación en biodispositivos como nanorobots no CINBIO. Tamén Concha Monje Micharet, catedrática da Universidade Carlos III de Madrid, investigadora de Robótica Branda e Control de Sistemas no Grupo de Investigación “RoboticsLab”. Estarán tamén Roberto Iglesias Rodríguez, profesor da USC en intelixencia artificial e coordinador do Grao de Investigador do CiTIUS. e Laura Filloy, xornalista científica de Gciencia Para facer chegar a inquedanza científica a través da expresión artística contaremos coa gañadora do premio Goya, Janet Novás, e o ilustrador Kiko da Silva.

Durante a Feira, os distintos stands dos centros educativos mostrarán as súas propostas e será un xurado científico, xunto co voto popular, quen determine o gañador desta edición. O xurado estará presidido pola Madriña desta edición, que estará acompañada pola farmacéutica Celia Diz e Julio Sánchez, enxeñeiro industrial en AIMEN.


PROGRAMA XOVES 6 DE XUÑO


CONCHA MONJE NO CENTRO
Xoves 6 de xuño • De 11:00 a 12:00 h
Encontro con alumnado. Benvida a Concha Monje


ROBÓTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Xoves 6 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 18:00 h

  • Roberto Iglesias Rodríguez, profesor da USC en Intelixencia Artificial, coordinador do Grao de Robótica. Investigador do CiTIUS.
  • Concha Monje Micharet, catedrática da Universidade Carlos III de Madrid. Investigación en Robótica Branda & Control de Sistemas, Grupo de Investigación ‘RoboticsLab’.

‘FEELINGS’ DE JANET NOVÁS (DANZA CONTEMPORÁNEA)
Xoves 6 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 20:00 h
Janet Novás. Danza, Coreografía e Interpretación. Premio Goya á Mellor Actriz Revelación 2024. Premio ‘Ojo Crítico 2021’.


PROGRAMA VENRES 7 DE XUÑO


CONCURSO DE PROXECTOS CIENTÍFICOS DOS CENTROS EDUCATIVOS
Venres 7 de xuño • Centros educativos • De 10:00 a 20:00 h
Presentación, exhibición e manipulación dos proxectos científicos a concurso / Votación.
Dez centros educativos (Primaria, ESO, Bacharelato e Educación Especial).


CIENCIA NOUTRAS PARTES
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • De 10:00 a 20:00 h
Exhibición e manipulación / A ciencia noutras partes.


OBRADOIROS DE CIENCIAS
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • De 10:00 a 20:00 h
Obradoiros para nenas e nenos nas rúas peonís.


LECTURA DO PREGÓN E MANIFESTO
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 12:00 h
Lectura do pregón da Ciencia: Verónica Salgueiriño Maceira. I Madriña Acienciacerta.
Catedrática en Física Aplicada da Universidade de Vigo. Investigadora en Materiais Magnéticos con aplicación en biodsipositivos como Nanorrobots / CINBIO.


IA E ILUSTRACIÓN
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 17:00 h
Kiko da Silva, ilustrador, autor e editor de BD (Retranca Editora). Director de O Garaxe Hermético (Escola Profesional de BD), director de BDra Gráfica, Festival de Cómic de Pontevedra.


GCIENCIA, DEZ ANOS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA NA ERA DIXITAL
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 18:00 h
Laura Filloy, xornalista científica de GCiencia / “Dez anos de divulgación científica na era dixital”.


ÁGORA VS AGORA, DEFENSA DOS PROXECTOS CIENTÍFICOS
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 19:30 h
Oratoria / Alumnas e alumnos dos centros educativos falan en público / Audición.


PROXECCIÓN DO FILME “ROBOT DREAMS”
Venres 7 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 22:00 h
“IA, BD e cine de animación”/ Cine ao aire libre.


PROGRAMA SÁBADO 8 DE XUÑO


CONCURSO DE PROXECTOS CIENTÍFICOS DOS CENTROS EDUCATIVOS
Sábado 8 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • De 10:00 a 12:00 h


OBRADOIROS DE CIENCIAS
Sábado 8 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • De 10:00 a 12:00 h
Obradoiros para nenas e nenos nas rúas peonís.


ENTREGA DE PREMIOS
Sábado 8 de xuño • Praza Arq. Antonio Palacios • Ás 13:00 h
Dous premios, voto do xurado científico / Premio único, voto do Público


Acienciacerta. I Mostra de Ciencias na Rúa / Openscience



Cabecera-web-ecultura.png