Actividade “Lixo en arte”

| Xoves 7 de outubro. 2021
| Ás 16:30 h.
| Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Actividade “Lixo en arte”

Organiza: OMIX do Porriño, Concellería de Educación e Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño


O xoves día 7 de outubro ás 16:30 horas, no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal, representantes do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño levarán a cabo unha actividade de sensibilización sobre o consumo de plásticos.

Mozas e mozos uníronse a esta actividade proposta por “La liga por la tierra”, grupo de xente nova adherida a Unicef, que consiste en gardar todo o plástico consumido nas súas casas durante uns días, para reflexionar sobre a importancia da reciclaxe e o excesivo consumo de plásticos dun só uso.

Entre todas/os farán una escultura para poder deixala nun lugar visible para o resto da poboación e axudar así na concienciación da necesidade de actuar e levar a cabo iniciativas que reduzan a nosa pegada ambiental. Esta actividade sumada ás que levan realizando dende o pasado mes de setembro, van encamiñadas a reflexionar sobre as posibles propostas de actuación que fagan o vindeiro mes de novembro no pleno municipal que se celebra cada ano para conmemorar o Día Mundial da Infancia.


Cabecera-web-ecultura.png