Actividades do Festival de Cans 2025 en colaboración coa Concellería de Educación e a OMIX

| Durante o Festival de Cans. 2025
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Actividades do Festival de Cans en colaboración coa Concellería de Educación e a OMIX

Organiza: Festival de Cans
Colaboran: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


Como cada ano, o Festival de Cans, na edición 2025, conta coa colaboración da Concellería de Educación e a OMIX para achegalo á comunidade educativa e facela partícipe deste festival, contando con ela para as actividades que a continuación detallamos.

Nesta nova edición retómanse as actividades Cans do Futuro (para o alumnado de 5º ou 6º de primaria), Debuxa Cans e Mini Can parede (ambas as dúas destinadas ao alumnado de EI e EP), que tanto éxito teñen entre o alumnado dos nosos centros educativos.


Debuxa Cans

  • Os nenos e nenas decorarán, nun folio A3, a silueta do noso emblema oficial: o Can de Cans.
  • A temática da actividade que propoñemos para este ano é: “Personaxes femininas na historia do cine”. A idea é que exploren e indaguen en películas de recoñecemento con personaxes femininas como protagonistas: Mamasunción, Sempre Xonxa, Mary Poppins, Mulan…
  • Cada cole elixe un debuxo por ciclo: 1 de Educación Infantil, 1 de primeiro ciclo de Primaria, 1 de segundo ciclo de Primaria e 1 de terceiro ciclo de Primaria.
  • Os elixidos exhibiranse nos comercios asociados a CC Morea.

Un total de 36 debuxos foron os elaborados polo alumnado participante.


Mini Can Parade

  • Este proxecto, que tanto éxito acada entre os/as máis cativos/as da vila, volve para facer partícipes a todos os nenos e nenas, traballando xuntos (sen importar a idade) na decoración dun “Can Parede” (unha silueta do noso emblema oficial que a organización lles facilitará aos colexios participantes).
  • A temática é libre e o material decorativo tamén. Non hai restricións técnicas nin materiais.
  • Todos os “Mini Can Parede”- 8 siluetas- se exhibirán nos farois da zona peonil do Porriño a partir do 15 de maio ás 10:30 horas, unha vez inaugurada a exposición e durante toda a semana do Festival de Cans. A continuación un total de 135 alumnos/as de 4º EP , disfrutarán do obradoiro “Pintando Cans”.

Participan co seu alumnado nestas actividades citadas anteriormente os centros CEIPP Antonio Palacios, CEIPP da Ribeira, CEIPP Fernández López, CEIPP Atios, CEIP Cruz-Budiño, CPR Sto. Tomás, CPR Hnos. Quiroga e Aceesca.


Cans do Futuro

Esta actividade vai destinada a rapazas e rapaces dos niveis de 5º ou 6º de EP. As/os participantes van ser divididas/os en dous grupos.

Os participantes van ser divididos en dous grupos. Mentres un grupo fai unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos do Festival seguindo unha divertida ruta pola aldea, o outro visionará unha serie de pezas audiovisuais nunha sala e logo terán un pequeno coloquio con algunha realizadora, guionista, produtora… do programa “Oficios Invisibles”, onde se dan a coñecer eses oficios que hai detrás da cámara e que son imprescindibles. Ademais, no tempo de descanso, poden facer a xa clásica foto de recordo das visitas a Cans enriba do chimpín que se aparca xunto ao Can de Pedra.



Cabecera-web-ecultura.png