Actividades do Festival de Cans en colaboración coa Concellería de Educación e a OMIX

| Durante o mes de maio. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Actividades do Festival de Cans en colaboración coa Concellería de Educación e a OMIX

Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño en colaboración co Festival de Cans


Como cada ano, o Festival de Cans, na edición 2023, conta coa colaboración da Concellería de Educación e a OMIX para achegalo á comunidade educativa e facela partícipe deste festival, contando con ela para as actividades que a continuación detallamos.

Nesta nova edición retómanse as actividades Cans do Futuro (para o alumnado de 5º ou 6º de primaria), Debuxa Cans e Mini Can Parade (ambas as dúas destinada ao alumnado de EI e EP), que tanto éxito teñen entre o alumnado dos nosos centros educativos.


Proxecto Debuxa Cans

  • Os nenos e nenas decorarán, nun folio A3, a silueta do emblema oficial: o Can de Cans.
  • A temática proposta  para este ano  foi: “Superheroínas no cine”.
  • Cada cole elixe un debuxo por ciclo: 1 de Educación Infantil, 1 de primeiro ciclo de primaria, 1 de segundo ciclo de primaria e 1 de terceiro ciclo de primaria.
  • Os elixidos exhibiranse nos comercios asociados a CC Morea.

Proxecto Mini Can Parade

  • Este proxecto, que tanto éxito acada entre os/as máis cativos/as da vila, volve para facer partícipes a todos os nenos e nenas, traballando xuntos (sen importar a idade) na decoración dun “Can Parade” (unha silueta do emblema oficial que a organización lles facilitará aos colexios participantes).
  • A temática é libre e o material decorativo tamén. Non hai restricións técnicas nin materiais.
  • Todos os “Mini Can Parade” se exhibirán nas farolas da zona peonil do Porriño a partir do 12 de maio durante a fin de semana do Festival de Cans.

*No caso de recibir máis deseños ca o número de comercios participantes, estes serán expostos no Centro Cultural Municipal do Porriño.


Proxecto Cans do Futuro

Esta actividade vai destinada a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. As/os participantes van ser divididas/os en dous grupos de 100. Mentres un grupo fai unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos do Festival, o outro visionará unha serie de pezas audiovisuais nunha sala e logo terán un pequeno coloquio con algunha realizadora, guionista ou produtora de “Oficios invisibles”.

Ademais, no tempo de descanso, poden facer a xa clásica foto de recordo das visitas a Cans enriba do chimpín que se aparca xunto ao Can de Pedra.


Cabecera-web-ecultura.png