Actos do 25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

| Días 20, 21, 24, 25 e 29 de novembro. 2023
| Varias localizacións e horarios

Actos do 25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

Organizan: Concellería de Igualdade e CIM Do Porriño


A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, que dirixe Carolina González, xunto co CIM do Porriño, no marco da campaña polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, propón unha serie de actividades que chaman á reflexión contra este tipo de violencia abertas á participación de todo o tecido social do municipio.


Luns 20 de novembro

Os actos comezarán xa o luns, día 20, coa colocación dun lazo violeta no balcón do Concello que permanecerá ao longo de toda a semana para amosar o compromiso institucional contra a violencia de xénero e o apoio ás mulleres vítimas.


Martes 21 de novembro

O martes día 21, o Centro Cultural Municipal acollerá a mesa redonda “A violencia contra as mulleres, dende o ámbito xudicial e social”, será a partir das 17:00 h e inclúe as seguintes ponencias:

  • Ás 17:00 h. “A violencia de xénero no sistema xudicial”, Dna. Raquel Casas Santomé, Xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº 3 do Porriño
  • Ás 17:45 h. “O réxime de visitas no novo marco normativo”, Dna. Paula Blasco Muela, Fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra
  • Ás 18:30 h. “Prestacións económicas a favor das mulleres vítimas de violencia de xénero e outros tipos de violencia”, Dna. Patricia Fernández López, Subdirectora Xeral para o Tratamento da violencia de xenero da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia
  • Tamen participará o señor Alcalde do Concello do Porriño, D. Manuel Alejandro Lorenzo Alonso e a Concelleira Delegada de Igualdade do Concello do Porriño, Dna. Carolina González Costas

Venres 24 de novembro

ACTUALIZACIÓN: nova localización

O venres 24, a partir das 18:30 h no Centro Cultural Municipal Salón de plenos do Concello, poñemos a mirada na pantalla a través do cine contra a violencia de xénero, 7 curtametraxes para reflexionar sobre o tema:

  • “36” de Ana Lambarri. Violencia no fogar
  • “A entrevista” de Fernando Tato e Susana Sampedro. Violencia no fogar.
  • “Anatomía dunha serea” de Adriana Páramo. Violencia obstetricia
  • “O peor que podería pasar” de Elena Tara. Ciberviolencia
  • “Harta” de Julia Castro. Violencia vicaria
  • “16 de decembro” de Álvaro Gago. Acoso sexual
  • “Best seller” de Marck Lemcke. Rapto

Sábado 25 de novembro

A xornada do sábado, 25 de novembro, acollerá o groso da programación:

  • Ás 10:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios. Instalación do Punto Violeta
  • Ás 10:00 h. Seminario de defensa persoal feminina
  • Ás 11:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios. I Andaina Familiar contra a violencia de xénero
  • Ás 12:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios. Lectura do manifiesto e minuto de silencio
  • Ás 13:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios. Concerto de piano e corda en memoria das vítimas da violencia machista

Mércores 29 de novembro

Xa para rematar coas actividades polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, o mércores 29 de novembro levaranse a cabo obradoiros nos IES do Concello do Porriño, baixo o título de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”. Unha Actividade financiada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.


Actos do 25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller


Concellería de Igualdade do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png