Andaina grupal ECOYOUTH

| Luns 10 de outubro. 2022
| Ás 16:00 h
| Dende a Casa do Concello do Porriño ata o espazo natural das Gándaras de Budiño
| Require inscrición previa

Andaina grupal ECOYOUTH
Concellería de Educación, OMIX do Concello do Porriño e IES Ribeira do Louro


Actividade dirixida á mocidade (a partir dos 14 anos de idade) do Concello do Porriño na que se promove o valor paisaxístico e cultural da zona. A andaina estará guiada por persoal experto en sendeirismo e persoal experto en natureza para realizar explicacións dos puntos naturais máis importantes da zona, entre eles As Gándaras de Budiño.


Inscripción para a andaina grupal ECOYOUTH
[ Formulario de inscrición ]


ECOYOUTH
Empowering Youth for Ecological Transition

ECOYOUTH – Empowering Youth for Ecological Transition é un proxecto aprobado dentro do programa europeo Erasmus+ que se centra no fomento da sostibilidade entre a xuventude para crear unha sociedade cuns ideais acordes co futuro que se espera, nun contexto de emerxencia climática. A prioridade principal deste proxecto é a formación da xuventude en materia ambiental, e para isto establécense dous eixes fundamentais: a formación de mozas e mozos, así como a das persoas que traballan con elas/eles.


Máis info na páxina web do proxecto
[ + info » ligazón externa ]


Cofinanciado polo proxecto Erasmus + da UECabecera-web-ecultura.png