| Mércores e venres de marzo, abril, maio e xuño
| Ás 10:30 h
| Inscricións no Rexistro Xeral do Concello do Porriño
Organiza: Concellería de Sanidade do Concello do Porriño
A Concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, volve a por en marcha o programa de Andainas Saudables dirixido a persoas maiores de 65 anos.
As andainas durarán aproximadamente unha hora e sairán da praza Arquitecto Antonio Palacios. Serán todos os mércores e venres, ás 10:30 h, dos meses de marzo (a partir do mércores 19), abril, maio e xuño.
Para participar é necesario inscribirse no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, a partir do luns 10 de marzo. Máximo 30 persoas por grupo.
Mantente activo, desfruta da natureza e comparte bos momentos!