| Mércores e venres de outubro e novembro
| Ás 10:30 h
| Inscricións no rexistro do Concello do Porriño
Organiza: Centro de Saúde do Porriño en colaboración coa concellería de Sanidade do Concello do Porriño
O Centro de Saúde do Porriño en colaboración coa concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, volve a por en marcha o programa de Andainas Saudables dirixido a persoas maiores de 65 anos.
As andainas durarán aproximadamente unha hora e os participantes irán acompañados por persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño e voluntarios de Protección Civil. A marcha discorrerá polo paseo do Louro.
Serán todos os mércores e venres, ás 10:30 h, dos meses de outubro e novembro.
Para participar é necesario inscribirse no rexistro do Concello do Porriño indicando as quendas nas que se quere participar.